Edición 2022

 

  • Sábado 3 de setembro, 19.00 h

 CONCERTO INAUGURAL

Proxecto Dous Mares

Santa María dos Ánxeles, Brión (A Coruña)

 

  • Domingo 4 de setembro, 15.30 h (encontro no centro de interpretación e subida ao mosteiro)

Manuel Vilas 

San Xoán de Caaveiro, A Capela (A Coruña)

(Coñece o teu patrimonio. Visita ao Mosteiro de Caaveiro)

 

  • Sábado 10 de setembro, 19.00 h

La Spagnoletta

Convento do Rosario, San Sadurniño (A Coruña)

(Coñece o teu patrimonio. Ás 15.30 h, visita guiada polo castelo de Naraío)

 

  • Domingo 11 de setembro, 19.00 h

Ministriles de Marsias

Mosteiro de Santa María de Sobrado, Sobrado (A Coruña)

(Coñece o teu patrimonio. Ás 15.30 h, Ruta da Carballeira)

 

  • Sábado 17 de setembro, 12.00 h (encontro no centro de recepción de visitantes) 

Abraham Cupeiro e Alba Barreiro

Dolmen de Dombate, Cabana de Bergantiños (A Coruña)

(Coñece o teu patrimonio. Visita ao Dolmen de Dombate e ao Castro de Borneiro)

 

  • Domingo 18 de setembro, 19.00 h 

Austrian Baroque Company

San Xiao de Bastavales, Brión (A Coruña)

(Coñece o teu patrimonio. Ás 15.30 h, Ruta polas terras rosalianas)

 

  • Venres 23 de setembro, 20.30 h 

Ana Aguado

Mosteiro de San Paio de Antealtares, Santiago de Compostela (A Coruña)

(Coñece o teu patrimonio. A soas cos órganos: conversa con Ana Aguado)

  

  • Domingo 25 de setembro, 20.30 h

CLAUSURA

Favola d’Argo

Mosteiro de San Paio de Antealtares, Santiago de Compostela (A Coruña) 

 

Debes ter en conta

 

PROTOCOLO DE ACCESO A ACTIVIDADES E CONCERTOS

Os concertos son de balde e a entrada libre, até completar a capacidade, excepto nos espazos en Caaveiro e o Dolmen de Dombate, que teñen prazas limitadas.

Nas actividades e concertos con prazas limitadas sinaladas no catálogo é imprescindible a inscrición previa nas datas establecidas. Deberase indicar expresamente para que data e que actividade se fai a reserva. É precisa unha reserva para cada actividade. Só se admitirán reservas realizadas a través do correo actividades@espazossonoros.org. Calquera solicitude de reserva feita a través de calquera outro medio ou enderezo ou fóra de prazo non será atendida.

Cada persoa poderá realizar un máximo de catro reservas.

Para a reserva deberase achegar un teléfono de contacto así como o nome completo de cada unha das persoas participantes.

O día da actividade deberase presentar o código de referencia facilitado por correo electrónico coa formalización da inscrición.

Neste momento non é obrigatorio o uso de máscara. A nosa recomendación é que se siga usando en interiores.

Os aforos e condicións poden variar en función das normas de aplicación xeral decretadas en cada momento polas autoridades sanitarias.

 

A túa colaboración é imprescindible

Lembra que temos que ser responsables co medio ambiente e co patrimonio visitado.

Antes de participar nas actividades paralelas, asegúrate de que a ruta se adapta ás túas capacidades físicas en función do percorrido e duración.

Unha vez formalizada a inscrición, no caso de non poderes asistir, procura avisar co fin de deixarlles a túa praza a outras persoas interesadas.

Procura chegar puntual ás diferentes citas.

Lembra que facer fotos ou gravar vídeos pode resultar molesto para os intérpretes e para o resto do público. Por favor, respecta as indicacións que facilite o persoal de produción.

As persoas menores de 18 anos deberán ir acompañadas por un adulto maior de

idade que se faga responsable. Non se recomenda a asistencia de menores de 8 anos, excepto que se trate de actividades especificamente deseñadas para esa franxa de idade. De asistiren, as persoas adultas coidarán, en todo momento, deles.

 

Como chegar

Para coñeceres a localización de cada un dos espazos, busca en Googlemaps o mapa de Espazos Sonoros 2022. 

2012 © CREOWEBS. Diseñamos y creamos